Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

  • Inicio
  • Enlaces de interese da área

Ligazóns de interese

Resultados: 7

  • 1 Páxinas
  • 1
  • AMB

    Área Metropolitana Barcelona (AMB)

    A Área Metropolitana de Barcelona (AMB) está constituída por 36 municipios. É unha das áreas máis poboadas e grandes de Europa e ten un peso importante no espazo mediterráneo, con máis de 3,2 millóns de persoas e unha superficie de 636 km2.

    A AMB é unha administración pública que ten competencias nos ámbitos da cohesión social, a planificación territorial e o urbanismo, a mobilidade, o transporte, a xestión de residuos, a subministración de auga, a protección do medio ambiente, a vivenda social, as insfraestructuras e a promoción económica do territorio metropolitano.

    Ten como función a prestación dos servizos públicos na área metropolitana de Barcelona a través da implicación e participación cidadás e da interlocución cos axentes económicos e sociais. Tamén dá soporte á xestión dos concellos que forman parte dela.

  • Bilbao Ría 2000

    Bilbao Ría 2000

    Co obxecto de dirixir a recuperación dos antigos espazos industriais da metrópole, o 19 de novembro de 1992 creouse a Sociedade BILBAO Ría 2000.

    Trátase dunha compañía sen ánimo de lucro, resultado do compromiso de colaboración de todas as administracións públicas nunha tarefa común dirixida á transformación da área metropolitana de Bilbao.

    BILBAO Ría 2000 ocúpase de coordinar e executar diversas actuacións que integran urbanismo, transporte e medio ambiente. Son proxectos desenvolvidos cun enfoque global e que se axustan ás directrices de planificación urbana determinadas polas autoridades urbanísticas.

  • Bilbao Metropoli-30

    Bilbao Metropoli-30

    O Bilbao Metropolitano non ten dúbidas sobre o seu papel en Europa e no mundo. Bilbao sabe que para manter unha posición de liderado debe traballar xunto con institucións e empresas na planificación do futuro da cidade.

    A Asociación "Bilbao Metropoli-30" constituíuse para realizar proxectos de planificación, estudo e promoción, dirixidos cara á recuperación e revitalización do Bilbao Metropolitano, definido como unha realidade social e económica sen uns límites xeográficos precisos e cuxa existencia se proxectou por toda a súa contorna rexional e internacional.

    Esta asociación promove a cooperación do sector público e do sector privado para acadar solucións conxuntas en problemas de mutuo interese que afecten ao Bilbao Metropolitano.

  • AMPorto

    Área Metropolitana de Porto (AMP)

    A Área Metropolitana de Porto (AMP) está formada por 17 municipios que achegan unha gran diversidade cultural.

    É a subrexión con maior relevancia do Norte de Portugal, e é ademais a 2ª área metropolitana nacional, e inclúe infraestruturas fundamentais como o aeroporto, o porto de mar, a rede de estradas, a rede ferroviaria, a maior universidade do país e un tecido produtivo historicamente importante.

    A súa misión é promover o planeamento e a xestión da estratexia de desenvolvemento económico, social e ambiental do territorio, representación dos municipios, así como xestionar diferentes estruturas e entidades de importancia metropolitana (empresas públicas de transportes, axencias de desenvolvemento, de enerxía, e institucións culturais, sociais e de turismo).

  • Eurocities 

    Eurocities 

    Eurocities é unha rede fundada en 1986 por seis grandes cidades europeas: Barcelona, Birmingham, Frankfurt, Lyon, Milán e Róterdam. Na actualidade está constituída por arredor de 130 cidades de 35 países europeos, que afecta a uns 130 millóns de cidadáns.

    O seu obxectivo é reforzar o importante papel que os gobernos locais deben desempeñar nunha estrutura de gobernanza multinivel. É dar forma ás opinións das partes interesadas de Bruxelas e, en última instancia, cambiar o enfoque da lexislación da UE dunha maneira que lles permita aos gobernos municipais abordar os desafíos estratéxicos a nivel local.

    O marco estratéxico 2014-2020 identifica algúns dos desafíos e oportunidades estreitamente relacionados cos desenvolvementos a nivel da UE. Establece cinco ámbitos de orientación que se axustan en gran medida ás prioridades estratéxicas da UE. Eurocities colabora co Comité das Rexións da Unión Europea.

  • AMVigo

    Area Metropolitana de Vigo (AMV)

    A Área Metropolitana de Vigo é unha entidade local supramunicipal, de carácter territorial, integrada polos municipios de Vigo e os da súa área de influencia, entre os que existe unha vinculación económica e social que fai necesarias a planificación conxunta e a coordinación de determinados servizos e obras para alcanzar a eficacia dos investimentos públicos.

    O ámbito territorial da Área Metropolitana de Vigo agrupa a 14 concellos: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Vigo, pero sen excluír a incorporación futura doutros concellos interesados.

    A mellora da calidade dos servizos que recibe a cidadanía, sen que isto supoña novos impostos, é o motor que impulsa a creación desta área.

  • Brest Metropole

    Brest Metropole

    No corazón dunha área de influencia de 400.000 habitantes, Brest Metropole é o punto central da Bretaña francesa occidental.

    Fundada en 1974, a Comunidade Urbana de Brest Metropole converteuse en metrópole o 1 de xaneiro de 2015. Inclúe oito municipios fundadores que teñen arredor de 212.000 habitantes. Actualmente, esta área metropolitana está entre as 14 principais metrópoles ou cidades de Francia.

    Estas 8 localidades francesas uníronse para mellorar os servizos á poboación, para lograr unha planificación territorial máis harmónica..., é dicir, cooperar para lograr o funcionamento duns servizos urbanos ignorando as fronteiras.

Resultados: 7

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?