Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

Que é?

Foto aérea AMC

A Estratexia Metropolitana da área da Coruña é a aposta estratéxica de área urbana que promoven os concellos de Abegondo, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, co apoio do Consorcio das Mariñas, para favorecer un desenvolvemento urbano sostible e integrado para o período 2014-2020 mediante un proceso de participación cidadá, que aspira a facilitar a acción de transformación urbana, económica, ambiental, cultural e social da Área Metropolitana da Coruña (AMAC), ensaiando ademais a posta en marcha dun novo modelo de gobernanza no que a toma de decisións se levará a cabo de abaixo a arriba.

Para iso se parte dun diagnóstico que permite configurar unha análise integrada do territorio. A partir de aí, pódense definir as prioridades e os obxectivos en canto ás actuacións de carácter urbano, de conservación dos espazos verdes e patrimoniais, de definición de dotacións de equipamentos ou de desenvolvemento de infraestruturas, entre outras.

Polo tanto, as medidas que afectan á renovación física da área urbana hoxe en día deben definirse desde a perspectiva supramunicipal e de forma combinada coas políticas locais en materia de desenvolvemento económico, de inclusión social ou de protección do medio ambiente.

Neste novo enfoque é fundamental unha sólida colaboración entre a cidadanía, os axentes sociais e económicos, así como entre as diversas administracións que actúan no territorio.

Participa

A Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña (AMAC) é un documento vivo, no que toda achega da cidadanía contribuirá a conseguir un espazo urbano máis humano, máis sostible, máis respectuoso e máis xusto.

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?