Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

  • Inicio
  • Documentos de referencia AMAC

Documentos de referencia

Resultados: 21

  • Foto da portada do Programa Operativo de Galicia FEDER 2014-2020

    Fecha de publicación:

    7 de setembro de 2018

    Programa Operativo de Galicia 2014-2020

    A estratexia do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) de Galicia para o período 2014-2020 deseñouse a partir da análise de obxectivos da Estratexia Europa 2020, considerando as recomendacións específicas realizadas a España por parte da UE e identificando as principais necesidades e retos existentes en Galicia obtidos no diagnóstico elaborado.

  • Texto que recolle en portada en contido do documento. Sen imaxe

    Fecha de publicación:

    20 de marzo de 2018

    A miña rexión, a miña Europa, o noso futuro: 7º informe sobre a cohesión económica, social e territorial

    O presente informe informa sobre como evolucionou a cohesión nas rexións da UE no pasado recente, e avalía o impacto que tiveron sobre ela as políticas nacionais, a política de cohesión e outras políticas da UE segundo o disposto no Tratado de Funcionamento da Unión Europea. Así mesmo, revisa as medidas que vinculan a eficacia dos Fondos EIE a unha boa gobernanza económica.

  • Unha Axenda Urbana do Eixo Atlántico  para un sistema urbano intelixente

    Fecha de publicación:

    20 de marzo de 2018

    Unha Axenda Urbana do Eixo Atlántico para un sistema urbano intelixente

    A cidade é a base territorial de calquera acontecemento, transformación ou crise. Por iso as cidades non poden ser meros axentes pasivos, senón que deben asumir un rol prol‐activo na definición dun novo modelo para a saída da crise. Por tanto, a axenda urbana ten que ser unha oportunidade para reflexionar sobre os erros cometidos e as carencias detectadas; tamén debe ser un instrumento para facer das cidades o espazo nuclear do crecemento intelixente, sustentable e integrador. E por último, ten que ser o referente integrador do esforzo colectivo das cidades galegas e do Norte de Portugal.

  • Documento de reflexión sobre a dimensión social de Europa

    Fecha de publicación:

    20 de marzo de 2018

    Documento de reflexión sobre a dimensión social de Europa

    De cara ao futuro, o debate debe versar sobre como adaptar os nosos modelos sociais aos retos actuais e futuros e galvanizar o espírito social de Europa. Este documento de reflexión constitúe a contribución da CE a este debate. Proxecta as tendencias, os retos e, o que é máis importante, as vías posibles para converter as nosas aspiracións en realidade, empoderar os europeos para o mundo no 2025 e facer as nosas sociedades máis fortes e adaptables. Os argumentos económicos, sociais e políticos en favor dunha Europa social son sólidos. O que se necesita é crear un consenso sobre os seus contornos futuros.

  • Documento de reflexión sobre a orientación da globalización

    Fecha de publicación:

    20 de marzo de 2018

    Documento de reflexión sobre a orientación da globalización

    Moita da cidadanía europe, especialmente a máis nova, ve ata que punto estar conectados/as a persoas doutros países e continentes pode mellorar as súas vidas. Non obstante moita da cidadanía europe móstrase tamén receosa, xa que consideran que a globalización é sinónimo de perda de emprego, inxustiza social, saúde e privacidade. É preciso ter en conta eses receos, polo que agora é o momento de estudar que pode facer a UE para axustar a globalización aos intereses e valores que compartimos, de preguntarnos que podemos facer para protexer, defender e capacitar a cidadanía europea, especialmente as persoas máis vulnerables.

  • Portada do libro

    Fecha de publicación:

    2 de xuño de 2017

    Avaliación do Programa Operativo de Crecemento Sustentable (POCS). Xuño 2017

    Esta Avaliación do POCS 2017, aínda que volve examinar o deseño inicial da estratexia do programa, céntrase fundamentalmente en aspectos operativos co fin de poder avaliar a eficacia, a eficiencia e os primeiros resultados das intervencións, así como outra serie de aspectos. A avaliación realízase aínda que a execución do programa é case nula debido á súa tardía aprobación, o dilatado proceso de designación de autoridades e organismos intermedios, e de posta en marcha dos sistemas de xestión e control.

  • ABC da Innovación

    Fecha de publicación:

    17 de marzo de 2017

    ABC da Innovación. Guía para a incorporación da innovación na xestión urbana

    Documento elaborado no marco das actividades da Rede Impulso para servir de referencia aos municipios interesados en explorar as posibilidades de utilizar a innovación na mellora da xestión urbana. A motivación final de todo iso é aliñar a realidade municipal ás novas tendencias de impulso da innovación a escala local.

  • Orientacións para a integración do principio horizontal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nos programas operativos dos fondos estruturais do período 2014-2020.

    Fecha de publicación:

    14 de xaneiro de 2016

    Orientacións para a integración do principio horizontal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nos programas operativos dos fondos estruturais do período 2014-2020

    O presente documento ten por obxecto facilitar a integración do principio horizontal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres nos Programas Operativos dos Fondos Estruturais do período 2014-2020. Presenta unha serie de recomendacións destinadas a orientar o traballo das Autoridades de Xestión e dos Organismos Intermedios implicados nas tarefas de programación, que cada un poñerá en práctica en función dos seus intereses e posibilidades.

  • Imaxe da primeira páxina do documento da promoción da inclusión social.

    Fecha de publicación:

    14 de xaneiro de 2016

    A promoción da inclusión social a través dos fondos estruturais e de investimento da UE (período 2014-2020) Guía de orientacións e recomendacións prácticas

    Esta guía é unha ferramenta que facilita a posta en marcha de medidas de promoción da inclusión social e loita contra a pobreza no próximo período de programación financeira 2014-2020.

  • Orde ministerial HAP/2427/2015, do 13 de novembro, pola que se aproban as bases e a primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado que serán cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER

    Fecha de publicación:

    23 de novembro de 2015

    Orde ministerial HAP/2427/2015, do 13 de novembro, pola que se aproban as bases e a primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado que serán cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER

    A Administración Xeral do Estado, a través da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, programou un Eixo Urbano dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020, dedicado na súa totalidade a financiar liñas de actuación de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado.

    O Eixo Urbano dotouse con 1.012.754.015,00 euros de axuda FEDER para todo o período, e irá dirixida a municipios ou agrupacións de municipios que constitúan unha área funcional urbana, cunha poboación de máis de 20.000 habitantes.

    A Rede de Iniciativas Urbanas (RIU) participou no deseño da presente orde e constituirá o foro de referencia para o intercambio de coñecementos e experiencias sobre Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado.

Resultados: 21

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?