Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

Mesa 3. Transporte e mobilidade

mobilidade

Plan integral metropolitano de transporte e mobilidade

A área metropolitana será máis sostible se se determinan as condicións óptimas de circulación que aseguren o equilibrio entre tránsito rodado, peonil e sustentabilidade ambiental.

A clave estará en deseñar e poñer en marcha un Plan Metropolitano de Transporte que potencie o servizo público, favoreza as limitacións ao uso do vehículo privado, e permita establecer uns adecuados estándares de mobilidade con equilibrio para a cidadanía, independentemente do medio de transporte que empregue.

Posicionamento

  • Serán claves: a promoción dos percorridos peonís e ciclables, a intermodalidade e a prevalencia do transporte colectivo público fronte ao vehículo privado
  • Serán preferentes: a nova Estación Intermodal e a posta en uso do transporte de proximidade de San Diego. A intermodalidade (uso de máis dun medio de transporte por traxecto e persoa) será clave para reducir as emisións de CO2, tamén a escala metropolitana, o que esixe coordinación para conectar os municipios limítrofes.
  • Potenciación do estudo e implementación de liñas de penetración multidireccionais e localización de intercambiadores.
  • Coordinación do transporte metropolitano baseado na potenciación do transporte en malla e pola comunicación interparroquial non pendular.
  • Convértense nun reto e unha oportunidade para a correcta planificación do transporte público e a mobilidade intermunicipal, ter en conta os calendarios que marcan a fin das concesións do transporte da cidade da Coruña e das liñas de transporte metropolitano.

Obxectivos de acción mancomunada

  • As solucións de mobilidade non se deben limitar ao deseño de solucións dixitais de acceso á información. O obxectivo final debe ser conseguir o equilibrio entre tempos de percorrido, calidade do tempo empregado, o consumo de enerxía e a salubridade urbana resultante.
  • Categorizar a mobilidade desde a raíz: o tránsito de persoas e o transporte motorizado, comparando o modo e o grao en que cada tipo de circulación inflúe na organización territorial, na distribución espacial do tecido social e no tempo dispoñible para as relacións humanas.
  • A mobilidade debe ser pensada para a mellora da vida das persoas desde o uso responsable dos medios de transporte.
  • Transitar cara á conformación dunha autoridade única de transporte.
  • Proceder á reestruturación de liñas urbanas e metropolitanas.

Plan de acción

  • Deseño dun plan metropolitano integral de transporte e mobilidade orientado a resolver os problemas da cidadanía, sustentable, respectuoso co medio e favorecedor do uso do transporte público.

Calendario proposto

  • Elaboración dun PMUS metropolitano que contemple a utilización das rías como infraestrutura de transporte, o ferrocarril, o transporte de demanda, os aparcadoiros disuasorios e intercambiadores. Decembro 2017
  • Plan de Viabilidade económica e técnica de impacto do ferrocarril no transporte público.
  • Negociación coa Xunta de Galicia sobre pregos concesionais do transporte metropolitano.

Actas

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?