Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

Historia do Proxecto AMAC

idea 2

Este proxecto impulsouse con forza nos últimos meses, ao constatar a importancia, o interese e o beneficio que tería para todas as entidades locais que forman a área urbana da Coruña, o traballar de forma coordinada e conxunta, xa que hai moitos máis intereses e funionalidades que nos unen que aquelas que nos poden separar.

Tras pronunciarse publicamente varios destes concellos sobre o interese para poñer en marcha esta colaboración municipal, e outras manifestacións e declaracións realizadas neste mesmo sentido, finalmente pódese fixar como data de inicio o 21 de decembro de 2015 coa primeira reunión que propiciou o alcalde da cidade da Coruña con alcaldes, alcaldesa, técnicos municipais e outros representantes de entidades do ámbito local.

Aí comezou un proceso que ten o seguinte percorrido histórico:

  • 21 de decembro de 2015. Reunión do alcalde da Coruña con representantes municipais e do Consorcio das Mariñas para coordinar e complementar as estratexias urbanas.
  • 7 de xaneiro 2016. Reunión do alcalde da Coruña con representantes municipais e do Consorcio das Mariñas para coordinar e complementar as estratexias urbanas.
    • Valoración e apoios recíprocos a EIDUS-Coruña e Estratexias do Consorcio.
    • Determínanse ámbitos estratéxicos de especial interese: Ría do Burgo, coordinación do planeamento urbanístico, transporte e mobilidade, enfoque metropolitano na prestación de servizos (residuos e ciclo da auga) e estratexias de Innovación (Cidade da Ciencia e da Innovación).
    • Decídese impulsar a conformación de mesas de traballo vinculadas a ámbitos estratéxicos de especial interese e dotar dun instrumento de coordinación da estratexia e do desenvolvemento metropolitano.
  • 11 de marzo 2016. Reunión do alcalde da Coruña con representantes do Consorcio das Mariñas para marcar as liñas básicas de funcionamento das mesas/grupos de traballo (por petición do presidente do Consorcio).
  • 19 e 20 abril 2016. Reunións técnicas previas de Mesas e grupos de traballo. Centro Ágora da Coruña:
    • Posicionamento xeral sobre as cuestións para abordar
    • Obxectivos de acción mancomunada
    • Primeira proposta de acción coordinada / plan de acción
    • Fitos principais e establecemento dun calendario de referencia
    • Organización das mesas / grupos de traballo (composición, coordinación e réxime de funcionamento)

A partir desa data fóronse sucedendo as reunións de traballo organizadas por mesas coa súa temática, que se poden consultar no seu apartado correspondente.

Mesas de alcaldes e alcaldesa:

  • 21 de abril de 2016. Mesa de alcaldes e alcaldesa e constitución das mesas e grupos de traballo. Reunión no Pazo de Mariñán.
  • 17 de outubro de 2016. Mesa de alcaldes e alcaldesa da Área Metropolitana da Coruña (AMAC).
  • 20 de outubro de 2016. Mesa de alcaldes e alcaldesa da AMAC. Declaración de María Pita.

As sucesivas reunións fóronse desenvolvendo nos meses posteriores, cuxos resultados poden coñecerse coa lectura das actas de cada unha delas.

Que che parece esta sección?

-105-105-105

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión