Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

  • Inicio
  • Declaración de María Pita

Declaración de María Pita

Declaración de María Pita

As primeiras conversas sobre unha posible colaboración institucional para acadar obxectivos comúns tiveron lugar nunha reunión de alcaldes o 21 de decembro de 2015.

A creación da Área Metropolitana da Coruña (AMAC), como tal, comezou a súa andaina nunha reunión de entidades locais da área o 7 de xaneiro de 2016, á que seguiron varias reunións posteriores máis, tanto de alcaldes e alcaldesa, como dos diferentes grupos e mesas de traballo temáticas. Finalmente esta Declaración de María Pita  foi asinada o 20 de outubro de 2016 polos alcaldes e a alcaldesa dos concellos da Coruña, Bergondo, Betanzos, Cambre, Cullerero, Oleiros e Sada.

As liñas comúns de traballo pasan pola recuperación ambiental e da biodiversidade da ría do Burgo, a coordinación de actuacións de políticas de desenvolvemento territorial baseadas en planeamentos urbanísticos conxuntos, unha visión compartida da xestión de servizos, e unha estratexia de innovación conxunta.

Como manifestación institucional mostra o compromiso das distintas corporacións asinantes (e aquelas que queiran adherirse posteriormente) por impulsar a creación da AMAC mediante a aprobación no Consello da Xunta de Galicia dun anteproxecto de lei, para continuar posteriormente no Parlamento de Galicia cunha normativa específica, a Lei da área metropolitana, que partiría inicialmente dos concellos, pero sumará tamén os partidos políticos, a Deputación e a Xunta.

A firma desta Declaración de María Pita foi aprobada nos correspondentes plenos dos concellos asinantes, e así mesmo obtivo o apoio de entidades, organismos e de cidadáns e cidadás da comarca, o que demostra o interese que esperta.

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?