Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

Coordinación e apoio técnico

grupos e apoio

O Acordo de Mariñán subscrito polos alcaldes e alcaldesa da Área Metropolitana da Coruña (AMAC) en abril do 2016 senta as bases para afrontar de forma conxunta a elaboración dunha estratexia metropolitana.

Tras a "Declaración de María Pita" o 20 de outubro de 2016, esta mesma Mesa impulsou un proceso de aproximación á gobernanza metropolitana xerando conxuntamente diagnósticos, iniciativas de planificación, xestión de servizos e accións de carácter supramunicipal e de rango metropolitano.

Elaborar esta estratexia metropolitana será un traballo en equipo, coordinado e colaborativo, polo que é necesario establecer un organigrama de traballo no que cada unha das mesas de traballo estea coordinada por algunha das entidades locais participantes.

Coordinación

O arranque deste gran proxecto da Área Metropolitana da Coruña (AMAC) precisa tamén unha serie de reunións de coordinación e seguimento del, das que se poden consultar tamén as súas actas:

Existe, polo tanto, unha estratexia compartida e un obxectivo común, para cuxo correcto desenvolvemento se fan necesarias unha serie de ferramentas externas que faciliten e apoien o traballo conxunto.

Apoio técnico

Como mostra do interese asumido para a posta en marcha deste proxecto de construción da Área Metropolitana da Coruña (AMAC), o Concello da Coruña licita publicamente as seguintes asistencias técnicas:

Redacción dunha proposta de anteproxecto de Lei da Área Metropolitana da Coruña

Tras os primeiros encontros entre os alcaldes e alcaldesa que tiveron lugar a comezos do 2016, acordouse impulsar un anteproxecto de lei da Área Metropolitana coa máxima seguridade xurídica e o máis alto consenso político posible, polo que se considerou conveniente contratar un grupo de investigadores especializados no dereito constitucional e administrativo do ámbito local, para a realización de traballos de asesoramento, estudo e redacción da memoria do borrador do anteproxecto de lei mencionado, polo que convocou a execución deste contrato.

  • Obxecto do contrato: Elaboración do estudo "Estado da cuestión metropolitana en Galicia, no resto do estado, e aproximación a algunha experiencia europea. Texto base para a redacción dunha proposta de anteproxecto de Lei da Área Metropolitana da Coruña".
  • Réxime xurídico do contrato: axustarase ao disposto no Regulamento para a contratación de traballos científicos, técnicos, artísticos ou docentes da Universidade da Coruña (DOG 01/10/2013), e ao previsto no art. 83 da Lei orgánica de universidades (LOU)
  • Custo do contrato: 12.000 €
  • Data de formalización do contrato: 12 de xaneiro do 2017

Consulta se queres o contrato e as suas prescricións técnicas

Apoio á coordinación xeral do proceso de conformación da Estratexia Metropolitana da área da Coruña

Con esta convocatoria preténdese dar soporte técnico especializado ao equipo de coordinación da Estratexia Metropolitana da Coruña, responsable do seguimento dos traballos das correspondentes mesas. O enfoque debe ser global, integral e orientado á flexibilidade, rigorosidade e rapidez en facilitar respostas ás solicitudes de información e requirimentos das mesas.

Para saber máis e descargar os pregos administrativos e técnicos da convocatoria, podes consultar o Perfil do Contratante do Concello da Coruña.

A adxudicataria finalmente foi a consultora Estrategia y Organización, SA (EOSA).

Apoio para a redacción dun instrumento de aproximación á planificación integrada e gobernanza da área urbana da Coruña e a súa contorna metropolitana

Este estudo terá vocación de orientar, fixar criterio e avanzar cara ao establecemento dun plan territorial integrado.

O espazo territorial de estudo permitirá establecer unha análise exhaustiva e transversal, coordinado e integral das diferentes políticas públicas arredor do ámbito de estudo, que corresponde inicialmente aos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, sen perder a perspectiva do sinalado nas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) respecto da rexión funcional urbana Ferrol-A Coruña-Carballo.

Para saber máis e descargar os pregos administrativos e técnicos da convocatoria, consulta o Perfil do Contratante do Concello da Coruña.

Contrato do servizo de comunicación, mediación, organización e dinamización do proceso participativo

Debe xirar arredor do documento "Diagnóstico e estratexia metropolitana da área urbana da Coruña".

As medidas que afectan á renovación física da área urbana hoxe en día deben definirse desde unha perspectiva supramunicipal, sendo ademais fundamental a colaboración entre a cidadanía, os axentes sociais e económicos e as diversas administracións que actúan no territorio.

Na Mesa de Alcaldes e Alcaldesa do 26 de abril de 2017 acordouse dar un empuxe ao proceso participativo necesario para a creación e posta en marcha da Área Metropolitana da Coruña (AMAC), así como poder comunicarlle publicamente á poboación dos diferentes concellos ese proxecto, os seus obxectivos, as súas principais liñas de traballo e o impacto que terá na súa vida cotiá, polo que se abren eses espazos de participación cidadá.

  • Publicación no Perfil do contratante do Concello da Coruña: 5 de xullo de 2017
  • Prazo: 19 de xullo de 2017

Para saber máis e descargar as bases da convocatoria, pódese consultar o Perfil do contratante do Concello da Coruña.

FOLLA DE ENCARGA PARA A ELABORACIÓN DA IMAXE GRÁFICA E MANUAL DE USO DA AMAC

Para impulsar a área urbana da Coruña estanse desenvolvendo unha serie de actuacións, actividades, reunións... cuxo obxecto é identificar correcta e inequivocamente as actuacións incluídas no programa de traballo dos concellos.

Formúlase entón a necesidade, oportunidade e conveniencia de deseñar unha imaxe gráfica que reflicta e identifique este proceso conxunto.

Como requisitos, esta imaxe gráfica incorporará un lema, debe poder adaptarse a distintos formatos e será identificativa do territorio afectado. Non se vinculará nin coa imaxe corporativa dos concellos participantes, nin con ningunha opción política ou partidaria.

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?