Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

Documentos da área

Resultados: 4

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Logo UDC

    Fecha de publicación:

    18 de outubro de 2017

    2º Informe Xurídico da UDC para a creación do AMAC

    O presente informe ten como misión a contextualización xurídica necesaria como paso previo para a formulación dun borrador de texto articulado da Lei de creación da Área Metropolitana da Coruña (AMAC), cuxa constitución supón un claro desafío.

    No presente informe insístese na necesidade de que o máximo consenso posible acompañe a propia formulación do borrador do anteproxecto de lei, como expresión dos lexítimos intereses inherentes á autonomía local que pretenden articularse nunha fórmula metropolitana.

  • Fecha de publicación:

    21 de febreiro de 2017

    AMAC. Diagnóstico e Estratexia Metropolitana da área urbana da Coruña

    A Estratexia Metropolitana da área da Coruña é a aposta estratéxica de área urbana que promoven os concellos de Abegondo, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, co apoio do Consorcio das Mariñas, para favorecer un desenvolvemento urbano sustentable e integrado que aspira a facilitar a transformación urbana, económica, ambiental, cultural e social da Área Metropolitana da Coruña (AMAC). O proxecto da estratexia metropolitana consiste basicamente na resolución da maior parte dos problemas da cidadanía que reside, traballa, goza do seu tempo de lecer etc... nesa contorna territorial: o transporte, a mobilidade, a xestión de residuos, a xestión da auga etc.

  • Logo UDC

    Fecha de publicación:

    1 de febreiro de 2017

    Informe Técnico Xurídico UDC

    Trátase dun informe técnico xurídico solicitado ao equipo de traballo constituído por membros da Universidade da Coruña e o Concello da Coruña, para esclarecer os requisitos que se derivan do artigo 122 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, con carácter preliminar á elaboración do Estatuto Xurídico sobre as áreas metropolitanas.

  • InnovaCM

    Fecha de publicación:

    15 de febreiro de 2015

    InnovaCM

    A Unión Europea anima os estados membros a propiciar o crecemento intelixente, sustentable e integrador, o que esixe unha estratexia exhaustiva de innovación europea. No ámbito local, o Concello da Coruña dispón dunha Axenda Dixital Local aliñada con estas formulacións da UE, e do recoñecemento ou distinción como "Cidade da Ciencia e a Innovación 2012", distinción renovada por outros 3 anos máis pola Secretaría Xeral de Ciencia e Innovación como "Cidade da Ciencia e da Innovación" mediante a Resolución do 22 de xullo de 2016.

Resultados: 4

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?