Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

Mesa 5. Xestión da auga

edar-bens vista aérea

Xestión do ciclo integral da auga

O ciclo integral da auga constitúe o interese xeral da cidadanía da área metropolitana, sendo ademais a prestación dun servizo obrigatorio para todos os seus concellos.

Dentro deste ciclo destaca a subministración de auga potable, o sistema de saneamento e a posterior depuración de augas residuais.

Posicionamento:

  • Ponse de manifesto a necesidade de obter unha auga de calidade e devolvela ao medio tamén con calidade, desde a captación ata a súa depuración
  • A subministración de auga aos concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada provén do encoro de Cecebre, e concas dos Ríos Mero e Barcés. Abegondo abastécese do seu propio encoro.
  • A auga trátase na súa maioría na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Telva e Cañás.
  • Desde a ETAP distribúese en "alta" a todos os concellos nun sistema de abastecemento interconectado e que é necesario dimensionar, estudar modelos hidráulicos e manter en depósitos de gran dimensión.
  • Mediante o acordo unánime do Consorcio, realizouse o Plan Estratéxico de Abastecemento da Coruña e todos os concellos subministrados desde Cecebre-ETAP da Telva.
  • Durante os últimos anos fóronse desenvolvendo investimentos estratéxicos co fin de executar o devandito plan, adecuándooo ás futuras demandas de cada concello nun horizonte de 50-75 anos.
  • Poñeranse a disposición de todos os integrantes a copia e os datos do desenvolvemento do Plan Estratéxico de Abastecemento e cantos estudos ou análises fosen necesarios.

Obxectivos de acción mancomunada

  • Estudar e analizar a execución do Plan Estratéxico de Abastecemento
  • Garantir a subministración de auga suficiente coa calidade requirida
  • Protección das masas de auga
  • Estudar e analizar o sistema de saneamento dos concellos. Regulación
  • Posición conxunta en investimentos e financiamento
  • Obxectivo Directiva Marco da Auga. Seguimento do traballo efectuado no seo da FEGAMP
  • Plan de Accións e Normas conxuntas en caso de emerxencias (secas e outros)
  • Contribuír á conectividade do encoro con outros espazos naturais da contorna e promover o turismo sostible nestes espazos
  • Conseguir vías de financiamento e investigación baseadas noutras experiencias nacionais e internacionais
  • Avanzar na xestión en común do servizo de abastecemento da auga.

Plan de acción

Deseño e posta en marcha de accións en tres liñas de actuación:

A) ABASTECEMENTO

  • Actualización do Plan Estratéxico. Análise das infraestruturas executadas e infraestruturas para realizar, e especial referencia ao ciclo integral da auga no ámbito rural
  • Mantemento e control de infraestruturas
  • Proxecto Meirama

B) CALIDADE DAS AUGAS

  • Establecemento dunha figura de protección e vixilancia
  • Promover accións conxuntas para garantir a calidade das augas, iniciadas con proxectos como "Life"
  • Accións coordinadas de participación, educación e comunicación ambiental sobre os valores naturais dos encoros, tanto para a comunidade educativa, poboación local, ou visitantes destes espazos

C) SANEAMENTO

  • Desenvolver unha estratexia común para garantir o correcto saneamento, paso previo á correcta depuración de augas e devolución ao medio
  • Estudo de necesidades, rede, tanques de tormenta...
  • Captación de fondos e proxectos europeos, autonómicos ou estatais

Calendario proposto

  • Actualización do Plan Estratéxico. Análise das infraestruturas executadas e infraestruturas para realizar, e especial referencia ao ciclo integral da auga no ámbito rural
  • Identificación e inventariado das infraestruturas de auga en alta

Actas

Acta da reunión do 27 de maio de 2016

  • Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Abegondo
  • Logotipo do Concello da Coruña
  • Logotipo do Concello de Arteixo
  • Logotipo do Concello de Bergondo
  • Logotipo do Concello de Betanzos
  • Logotipo do Concello de Cambre
  • Logotipo do Concello de Carral
  • Logotipo do Concello de Culleredo
  • Logotipo do Concello de Oleiros
  • Logotipo do Concello de Sada
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?