Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
A futura Estratexia Metropolitana comezou a tomar forma en decembro de 2015, na primeira reunión de traballo que o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, tivo cos seus homólogos dos municipios pertencentes ao Consorcio das Mariñas: José Luis Fernández Mouriño (Carral), Óscar García Patiño (Cambre), Carlos Calvelo (Arteixo), José Antonio Santiso Miramontes (Abegondo), Benito Portela (Sada) e Alejandra Pérez (Bergondo), así como con representantes locais de Oleiros e Culleredo.
Nesta reunión inicial presentáronse as liñas de traballo que estaba a implementar o concello coruñés para a posta en marcha do seu programa EIDUS (Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sustentable), unha estratexia da cidade a longo prazo fundamental para acceder ao financiamento da Unión Europea para entidades locais ata 2020.
Dada a súa importancia e ao constatar que existían puntos estratéxicos comúns, como as relativas á xestión da auga, a redución das emisións de carbono ou a potenciación do transporte, Ferreiro convocou a alcaldes pertencentes ao Consorcio das Mariñas para coordinar unha estratexia urbana común e compartir proxectos.
Desta primeira reunión e proposta xurdiron intereses compartidos, o que se traduciu en posteriores grupos de traballo específicos e máis reunións colaborativas para tratar de acadar ese proxecto estratéxico común.
Esta é a cronoloxía das Mesas de Alcaldes e Alcaldesa realizadas ata a data coas súas correspondentes actas:
Posteriormente o 20 de outubro de 2016 asinouse a Declaración de María Pita, que se considera o seguinte paso importante no desenvolvemento do proxecto.
Á marxe destes encontros formais dos e a representante dos distintos consistorios, alcaldes da área (Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo e Oleiros) reuníronse no Pazo de Mariñán o 2 de marzo de 2018 co obxecto de acordar establecer unha fronte común na defensa de melloras para as infraestruturas viarias e na mobilidade sustentable. Como resultado do debatido nesa reunión redactouse unha
nota conxunta
para informar a cidadanía e os medios de comunicación das catro medidas principais acordadas.
Tras a Mesa anterior realizada o 4 de maio, os alcaldes e alcaldesa reuníronse novamente o 29 de maio de 2018 e formularon
alegacións ao Documento Base do Plan de Transporte Único de Galicia
, solicitando ademais da creación Acordo de constitución da Autoridade Única de Transporte Metropolitano (AUT), que a dita AUT se integrase na estrutura da futura AMAC, así como requirirlle á Xunta a súa inclusión no Plan de Transporte Público de Galicia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible