Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

Mesa 4. Xestión de residuos

Xestión integral dos residuos urbanos

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia recoñece no seu articulado a posibilidade de crear, mediante lei do Parlamento de Galicia, áreas metropolitanas: "... integradas polos municipios onde existan grandes aglomeracións urbanas e cando entre os seus núcleos de poboación haxa vinculacións económicas e sociais que fagan precisas a planificación conxunta e a coordinación de determinados servizos e obras".

Posicionamento

  • A planificación e coordinación de servizos e obras debe integrarse colectivamente baixo a configuración xurídico-institucional da área metropolitana que permite a lei, o que non impide que se poida ir avanzando nesa perspectiva por parte dos concellos da área, en especial en relación co ciclo ambiental da auga e os seus instrumentos de xestión (Emalcsa, Edar-Bens) así como respecto do tratamento e xestión de residuos (planta de Nostián).
  • Respecto desta última, fai falta avanzar cara á estratexias de prevención, recollida e xestión de residuos compartidas entre os concellos, desde a concepción integral da xestión destes, abordando desde a súa separación en orixe ata a súa eliminación final, e apostando pola minimización de residuos e "Estratexias de Residuo Cero".
  • No marco da planificación conxunta, as novas estratexias débense deseñar segundo as directrices do "Plan de acción da UE para a Economía Circular" de decembro de 2015, que marca como obxectivos a redución e valorización dos residuos das próximas décadas, salientando na procura de novas liñas de reutilización.
  • Como piar fundamental do modelo de xestión, refórzase a aposta pola diferenciación do orgánico e outros materiais desde a súa valoración en orixe, recollida e tratamento, imprescindibles para a súa recuperación e valorización.

Obxectivos de acción mancomunada

  • Asumir un compromiso real coa sustentabilidade ambiental, económica e social.
  • Avaliación, análise e adopción de medidas coordinadas en relación cos servizos de interese común, en especial os relativos ao ciclo ambiental da auga e ao tratamento e xestión de residuos.
  • Determinar unha fórmula de colaboración intermunicipal para a xestión de residuos, ex.: creación dunha sociedade pública, convenio de colaboración ou outras fórmulas.
  • Planificación conxunta da xestión dos residuos de acordo coa regulación comunitaria sobre economía circular, que establece unhas porcentaxes concretas respecto da reciclaxe.
  • Solicitude conxunta de medios ás administracións autonómica e estatal para mellorar a xestión de residuos na comarca, desde a prevención e o tratamento, ata accións de comunicación e educación ambiental.
  • Colaboración na obtención de financiamento comunitario con cargo a Horizonte 2020 e aos fondos estruturais e abrir liñas de investigación conxuntas.
  • Avaliar estratexias de xestión descentralizada dos residuos.
  • Fomentar a xeración de emprego vinculado á xestión dos residuos e promoción de actividades de reutilización (aparellos eléctricos, téxtiles, mobles...), o que permitirá desenvolver proxectos de inserción social de persoas en situación de exclusión.

Plan de acción

Resolver desde a perspectiva metropolitana a problemática derivada da recollida, transporte, tratamento e xestión dos residuos urbanos.

  • Formular propostas tendentes á progresiva dimensión metropolitana dos servizos públicos e da xestión territorial da área da Coruña
  • Determinación da fórmula legal de colaboración intermunicipal para a xestión do tratamento de residuos
  • Auditoría do estado técnico da Planta de Tratamento de Residuos Urbanos de Nostián para avaliar o seu funcionamento actual, e os investimentos necesarios para conseguir os novos obxectivos que establece a lexislación europea
  • Elaborar información sobre a situación de partida da xestión de residuos municipais, particularmente sobre:
    • o nivel de reutilización e reciclado para cada tipo de residuo (orgánico, inorgánico, papel, vidro, pilas, aceites)
    • volume de rexeitamento destinado a vertedoiro
    • custos derivados da súa xestión
    • relación coas diferentes tipoloxías urbanas no territorio
  • Deseño dun Plan Comarcal de Xestión de Residuos que incida nos aspectos que determina as directrices de economía circular, concretamente:
    • Deseñar estratexias conxuntas para a mellora do tratamento dos bioresiduos
    • Avaliar estratexias que fomenten a prevención de residuos en grandes produtores e unha mellora da separación
    • Analizar a viabilidade de estratexias de residuo cero e de experiencias piloto de métodos que se consideren oportunos: pago por xeración, recollidas porta a porta, sistemas de rotura de anonimato etc.
    • Deseño conxunto de campañas de comunicación e educación ambiental
    • Estudo das posibilidades de xeración de emprego en persoas en risco de exclusión social a través de proxectos de colaboración con entidades de acción social
    • Análise conxunta das alternativas de procura de financiamento europeo
    • Estudar estratexias conxuntas de prevención e redución de residuos

Calendario proposto

  • Documento de auditoría do funcionamento da Planta de Tratamento de Nostián, especialmente no relativo aos rendementos da compostaxe, reciclaxe e necesidades de investimento. Período de desenvolvemento: xuño 2016-decembro 2017
  • Definición da fórmula xurídica que permita a xestión conxunta da Planta de Tratamento de Residuos Urbanos de Nostián e, se é o caso, doutras fases previas na súa xestión integral. Xuño 2017
  • Auditoría da situación actual da caracterización de residuos, xunto coa análise da disposición urbana, localización de grandes produtores e a súa caracterización, etc. Decembro 2017
  • Plan Comarcal de Xestión de Residuos. Decembro 2018
  • Posta en marcha de incentivos á corresponsabilidade na xestión dos residuos. Decembro 2018
  • Proxectos de xeración de economía social e inserción laboral vinculados á xestión de residuos. Outubro 2017
  • Posta en marcha de proxectos piloto para a xestión diferenciada dos residuos no territorio: compostaxe caseira e doméstica, programas de xestión de restos de poda etc. 2016-2018
  • Implantación das recollidas específicas con grandes produtores nas zonas que se consideren prioritarias. 2016-2017
  • Plan de comunicación e participación conxunta para diferentes sectores sociais, centros educativos etc.

Actas

Acta da reunión do 26 de maio de 2016

Acta da reunión do 23 de agosto de 2016

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión