Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Elaboración dunha Estratexia DUSI para a Área Metropolitana da Coruña
Finalizado o prazo da primeira convocatoria das Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI), constátase un excelente clima de entendemento e un explícito desexo de traballo en colaboración e estreita cooperación.
Débese valorar a importancia de que se visualizase esa capacidade de cooperación e colaboración baseándose na preparación dunha estratexia DUSI conxunta, que permita á Área Metropolitana da Coruña (AMAC) articular un proxecto común de desenvolvemento metropolitano.
Derivado da dispoñibilidade da existencia dunha Estratexia DUSI, a AMAC tería un conxunto de proxectos que situaría a área fronte á posibilidade de formalizar diversas candidaturas a convocatorias de múltiples fondos de financiamento: FEDER, FSE, IDAE, Horizon 2020 etc., fondos e subvencións da Administración Xeral do Estado, da Xunta de Galicia e/ou da Deputación Provincial.
Obxectivos de acción mancomunada
A construción metropolitana require unha estratexia consensuada e compartida; require proxectos en común, exemplos nos que a cidadanía participe activamente e visualice como se alcanzan acordos políticos de medio e longo prazo (mesmo máis aló dos mandatos corporativos).
A dispoñibilidade dunha estratexia DUSI é un obxectivo en si mesmo se existe a vontade de conseguila e de executala.
Unha resultante, nun curto prazo, podería ser presentar un "Proxecto Integral de Rexeneración Urbana da contorna litoral da Área Metropolitana da Coruña". Ese extraordinario patrimonio esténdese ao longo de Betanzos-Bergondo-Sada (na ría de Betanzos-Sada) a Oleiros-Cambre-Culleredo-A Coruña (á ribeira da ría do Burgo) ata Arteixo (unindo Bens e Sabón), podería ser o obxectivo principal dun novo traballo colectivo cuxos beneficiarios son os máis de 417.000 cidadáns e cidadás da Coruña e a súa área metropolitana. Os concellos do interior tamén poderán ter perfecta cabida nesta estratexia, integrando actuacións vinculadas á "Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e as Terras do Mandeo" e ao desenvolvemento de Carral.
Plan de acción
Elaboración proxecto EDUSI Metropolitana.
Elaboración dun proxecto fundamentado en elementos de rexeneración: zonas verdes, culminar e enlazar paseos litorais, culminar o carril bici metropolitano e rexenerar, con criterios de calidade urbanística, espazos públicos en todas as zonas máis próximas á liña litoral. Cada concello definiría as actuacións no seu propio ámbito territorial e trataríase de darlles coherencia no marco dunha actuación de carácter conxunto a través das formulacións da EDUSI Metropolitana.
Calendario proposto
Elaboración proxecto EDUSI Metropolitana. Xullo 2016
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible