Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Grupo de traballo para a elaboración dunha Estratexia DUSI da área metropolitana da Coruña
InnovaCM (Coruña Cidade da Ciencia e a Innovación)
Las mesas de traballo constituíronse en abril de 2016 para atender e actuar conxuntamente sobre o territorio e os seus recursos na contorna metropolitana da Coruña.
Estableceuse unha regulación mínima co fin de establecer un funcionamento común:
Estarán constituídas por dúas persoas membros (un político e outro técnico) de cada un dos municipios integrantes da contorna metropolitana, que serán nomeados polo/a alcalde/alcaldesa de cada municipio.
Cada mesa nomeará un titular e un suplente para as funcións de coordinación do seu funcionamento.
Reuniranse con carácter ordinario unha vez ao mes, aínda que por maioría simple dos seus membros poderá modificarse a periodicidade, o día e a hora de reunión.
A reunión de cada mesa de traballo terá lugar na sede do membro coordinador delas, ou onde decidan as persoas membros da mesa, nese caso favorecerase a rotación das sedes das reunións.
As convocatorias, a orde do día e o resto das comunicacións realizaranse por medios telemáticos.
As actas recollerán os acordos alcanzados respecto das propostas. Ao tratarse de mesas de traballo, non se recollerán as intervencións das súas persoas membros.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible