Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Este proxecto impulsouse con forza nos últimos meses, ao constatar a importancia, o interese e o beneficio que tería para todas as entidades locais que forman a área urbana da Coruña, o traballar de forma coordinada e conxunta, xa que hai moitos máis intereses e funionalidades que nos unen que aquelas que nos poden separar.
Tras pronunciarse publicamente varios destes concellos sobre o interese para poñer en marcha esta colaboración municipal, e outras manifestacións e declaracións realizadas neste mesmo sentido, finalmente pódese fixar como data de inicio o 21 de decembro de 2015 coa primeira reunión que propiciou o alcalde da cidade da Coruña con alcaldes, alcaldesa, técnicos municipais e outros representantes de entidades do ámbito local.
Aí comezou un proceso que ten o seguinte percorrido histórico:
21 de decembro de 2015. Reunión do alcalde da Coruña con representantes municipais e do Consorcio das Mariñas para coordinar e complementar as estratexias urbanas.
7 de xaneiro 2016. Reunión do alcalde da Coruña con representantes municipais e do Consorcio das Mariñas para coordinar e complementar as estratexias urbanas.
Valoración e apoios recíprocos a EIDUS-Coruña e Estratexias do Consorcio.
Determínanse ámbitos estratéxicos de especial interese: Ría do Burgo, coordinación do planeamento urbanístico, transporte e mobilidade, enfoque metropolitano na prestación de servizos (residuos e ciclo da auga) e estratexias de Innovación (Cidade da Ciencia e da Innovación).
Decídese impulsar a conformación de mesas de traballo vinculadas a ámbitos estratéxicos de especial interese e dotar dun instrumento de coordinación da estratexia e do desenvolvemento metropolitano.
11 de marzo 2016. Reunión do alcalde da Coruña con representantes do Consorcio das Mariñas para marcar as liñas básicas de funcionamento das mesas/grupos de traballo (por petición do presidente do Consorcio).
Posicionamento xeral sobre as cuestións para abordar
Obxectivos de acción mancomunada
Primeira proposta de acción coordinada / plan de acción
Fitos principais e establecemento dun calendario de referencia
Organización das mesas / grupos de traballo (composición, coordinación e réxime de funcionamento)
A partir desa data fóronse sucedendo as reunións de traballo organizadas por mesas coa súa temática, que se poden consultar no seu apartado correspondente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible