Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

  • Inicio

Estratexia territorial

Hoxe en día, máis de dous terzos da poboación europea viven en zonas urbanas. As cidades, no seu sentido amplo, son lugares onde xorden problemas e se encontran solucións. Son un terreo fértil para a ciencia e a tecnoloxía, para a cultura e a innovación, para a creatividade individual e colectiva, e tamén para mitigar o impacto do cambio climático. As cidades son tamén lugares onde se concentran problemas como o desemprego, a segregación e a pobreza.

Sen o compromiso das cidades, os principios do desenvolvemento sustentable e o mantemento dos niveis de benestar e de calidade de vida no planeta son inviables. Os gobernos locais deben impulsar a sociedade civil sobre a base dun traballo en rede, participativo e interactivo.

As áreas metropolitanas están a configurarse hoxe en día como escenarios nos que se manifestan as dinámicas sociais, culturais e políticas. A economía do coñecemento e a sociedade en rede aumentan o poder de atracción destas áreas metropolitanas para as persoas e as actividades. Desde a década dos noventa revitalizouse, especialmente en Europa, o debate sobre a necesidade da reorganización institucional destes espazos, a partir dos gobernos metropolitanos creados na súa maioría desde os anos sesenta.

Hai que ter clara a diferenciación entre o que consideramos área urbana e o que cremos que é a rexión urbana. A área urbana é aquel armazón de base territorial que mantén unhas relacións extraordinariamente dinámicas de funcionalidade no social, no económico, na mobilidade, no transporte, na recuperación ambiental e da biodiversidade, na xestión conxunta de servizos (como os residuos ou o ciclo integral da auga) etc. O concepto de rexión urbana, en cambio, ten relación cun espazo territorial máis amplo, cunhas relacións funcionais doutro nivel e doutras características.

Desde este concepto, a Área Metropolitana da Coruña (AMAC):

  1. significa intentar crear unha base económica moderna, eficiente, en expansión e diversificada
  2. significa intentar desenvolver un novo marco competencial local en (entre outros): emprego, promoción económica, turismo, promoción cultural, auga e xestión e tratamento de residuos, ordenación territorial e cooperación urbanística (costa e litoral), transporte e mobilidade, infraestruturas de interese metropolitano, e planificación estratéxica (PTI, PMUS, Axenda Dixital-AE etc.).

As persoas que estamos á fronte das institucións temos o deber ineludible de traballar a favor do futuro do noso país e das súas xentes. Conseguir construír un espazo equilibrado, de xustiza social e sustentable ambiental e economicamente é o reto de todas e todos.

Inés Rey García. Alcaldesa da Coruña

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión