Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

Estratexia Metropolitana da Área Metropolitana da Coruña

  • Inicio
  • Documentos de referencia AMAC

Documentos de referencia

26 resultados

  • Fecha de publicación:

    20 de marzo de 2018

    Documento de reflexión sobre a dimensión social de Europa

    De cara ao futuro, o debate debe versar sobre como adaptar os nosos modelos sociais aos retos actuais e futuros e galvanizar o espírito social de Europa. Este documento de reflexión constitúe a contribución da CE a este debate. Proxecta as tendencias, os retos e, o que é máis importante, as vías posibles para converter as nosas aspiracións en realidade, empoderar os europeos para o mundo no 2025 e facer as nosas sociedades máis fortes e adaptables. Os argumentos económicos, sociais e políticos en favor dunha Europa social son sólidos. O que se necesita é crear un consenso sobre os seus contornos futuros.

  • Fecha de publicación:

    20 de marzo de 2018

    Documento de reflexión sobre a orientación da globalización

    Moita da cidadanía europe, especialmente a máis nova, ve ata que punto estar conectados/as a persoas doutros países e continentes pode mellorar as súas vidas. Non obstante moita da cidadanía europe móstrase tamén receosa, xa que consideran que a globalización é sinónimo de perda de emprego, inxustiza social, saúde e privacidade. É preciso ter en conta eses receos, polo que agora é o momento de estudar que pode facer a UE para axustar a globalización aos intereses e valores que compartimos, de preguntarnos que podemos facer para protexer, defender e capacitar a cidadanía europea, especialmente as persoas máis vulnerables.

  • Fecha de publicación:

    3 de febreiro de 2015

    Europa 2020

    A Comunicación da Comisión Europea (Bruxelas, 3 de marzo de 2010) é o documento base da estratexia de Europa para os próximos anos: "Unha estratexia para un crecemento intelixente, sustentable e integrador". A estratexia Europa 2020 trata de lograr un crecemento intelixente a través de investimentos máis eficaces en educación, investigación e innovación; sustentable, grazas ao impulso decidido a unha economía baixa en carbono, e integrador, xa que pon o acento na creación de emprego e a redución da pobreza. Esta estratexia céntrase en cinco ambiciosos obxectivos nas áreas de emprego, innovación, educación, redución da pobreza e cambio climático/enerxía.

  • Fecha de publicación:

    29 de outubro de 2020

    Institucións Metropolitanas. Bases para a estruturación e xestión da autoridade metropolitana

    ONU Habitat. 2020. Ferramentas MetroHub. O desenvolvemento sustentable das áreas metropolitanas depende da capacidade dos actores para organizarse e cambiar a maneira de xestionar o territorio. Contar con institucións metropolitanas permite asumir de maneira máis efectiva a xestión da complexidade interjurisdiccional e intersectorial dos asuntos territoriais das metrópoles. Estas organizacións especializadas en ter unha visión integrada do territorio facilitan a xestión metropolitana a través de estratexias que articulan intereses sectoriais, escalas de goberno e o deseño e execución de proxectos de impacto metropolitano.

  • Fecha de publicación:

    29 de outubro de 2020

    Metodoloxías Metropolitanas. Xestión e planificación metropolitana

    ONU Habitat. 2020. Ferramentas MetroHub. A Nova Axenda Urbana (NAU Habitat) insta a reorientar a maneira en que se planifican, deseñan, financian, desenvolven, administran e xestionan as cidades e os asentamentos humanos, adoptando enfoques de desenvolvemento urbano e territorial sustentables e integrados e aplicando estratexias integradas de planificación. Para iso, promove a aplicación de modelos de gobernanza metropolitana, con marcos normativos, mecanismos de financiamento claros e a planificación metropolitana. O obxectivo desta Guía é fortalecer as capacidades dos gobernos e actores metropolitanos para o deseño, planificación e xestión do desenvolvemento urbano sustentable.

  • Fecha de publicación:

    24 de febreiro de 2022

    Nova Carta de Leipzig. O poder transformador das cidades polo ben común

    A Carta de Leipzig de 2007 inspirou a política urbana en Europa desde entón. A súa mensaxe central para promover o desenvolvemento urbano integrado e sustentable é tan válida hoxe como en 2007. Con todo, hoxe en día os desafíos globais urxentes (o cambio climático, a perda de biodiversidade, a escaseza de recursos, os movementos migratorios, o cambio demográfico, o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais, as pandemias e as economías que cambian rapidamente), teñen un impacto directo e local en pobos e cidades de Europa, e poden intensificar as disparidades nas sociedades. En resposta a estes desafíos, a Carta de Leipzig orixinal débese reorientar. A Nova Carta de Leipzig proporciona un marco político para visualizar e realizar os acordos europeos e globais (Axenda 2030, NAU-Habitat, o Acordo de París e o Pacto Verde da Comisión Europea) a escala urbana.

  • Fecha de publicación:

    29 de outubro de 2020

    Observatorios metropolitanos. Guía para a estruturación e implementación

    ONU Habitat. 2020. Ferramentas MetroHub. Os observatorios metropolitanos son un instrumento esencial para facilitar a coordinación e a integración na toma de decisións sobre o desenvolvemento sustentable dos territorios. Esta guía pretende mellorar os esforzos e as capacidades dos gobernantes e os actores clave dos territorios metropolitanos orientados cara á solución dos desafíos da urbanización, na que se suxire unha guía de indicadores para orientar os actores do desenvolvemento metropolitano na identificación e priorización da información, monitoreo e avaliación dos procesos territoriais, e así incidir na toma de decisións para a boa gobernanza e o fortalecemento da participación cidadá.

  • Fecha de publicación:

    23 de novembro de 2015

    Orde ministerial HAP/2427/2015, do 13 de novembro, pola que se aproban as bases e a primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado que serán cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER

    A Administración Xeral do Estado, a través da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, programou un Eixo Urbano dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020, dedicado na súa totalidade a financiar liñas de actuación de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado.

    O Eixo Urbano dotouse con 1.012.754.015,00 euros de axuda FEDER para todo o período, e irá dirixida a municipios ou agrupacións de municipios que constitúan unha área funcional urbana, cunha poboación de máis de 20.000 habitantes.

    A Rede de Iniciativas Urbanas (RIU) participou no deseño da presente orde e constituirá o foro de referencia para o intercambio de coñecementos e experiencias sobre Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado.

  • Fecha de publicación:

    14 de xaneiro de 2016

    Orientacións para a integración do principio horizontal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nos programas operativos dos fondos estruturais do período 2014-2020

    O presente documento ten por obxecto facilitar a integración do principio horizontal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres nos Programas Operativos dos Fondos Estruturais do período 2014-2020. Presenta unha serie de recomendacións destinadas a orientar o traballo das Autoridades de Xestión e dos Organismos Intermedios implicados nas tarefas de programación, que cada un poñerá en práctica en función dos seus intereses e posibilidades.

  • Fecha de publicación:

    7 de setembro de 2018

    Programa Operativo de Galicia 2014-2020

    A estratexia do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) de Galicia para o período 2014-2020 deseñouse a partir da análise de obxectivos da Estratexia Europa 2020, considerando as recomendacións específicas realizadas a España por parte da UE e identificando as principais necesidades e retos existentes en Galicia obtidos no diagnóstico elaborado.

resultados 26

Que che parece esta sección?

-105-105-105

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión